Comeza a Semana de Cine de Lugo
20 Oct

Comeza a Semana de Cine de Lugo


Mañán, luns, 21 de outubro, vai comezar a XLI Semana de Cine de Lugo, prevéndose para esta primeira xornada  os seguintes actos:
 
17,00 h.- Vestibulo do Auditorio municipal Gustavo Freire, presentación do libro de Manuel Curiel en homenaxe ao actor lucense ANTONIO MOURELOS. Asistirá o homenaxeado e todos os asistentes recibirán cadanseu exemplar. A entrada é libre.
 
18,00 aprox.- Descubrimento das dúas primeiras placas do que vai ser o Paseo do Cine en Lugo, a vía central da antiga factoría Frigsa,  que vai desde a Avenida de A Coruña cara ao Auditorio. A primeira será a do actor ANTONIO MOURELOS, homenaxeado o presente ano, e logo a de PRUDENCIA GRIFELL, a gran señora do cine mexicano, nacida en Lugo, homenaxeada en 2004, ano no que se colocou unha placa na casa da Rúanova onde naceu.
 
20,30 h.- Primeira sesión do ciclo XOIAS DO CINE no Auditorio. Asistirá Antonio Mourelos para saudar aos espectadores.
 
22,30 h.-  Inauguración oficial da Semana, na que Mourelos intervirá e recibirá o agasallo oficial da homenaxe que se lle rende.