Homenaxe a fotógrafos históricos
25 Oct

Homenaxe a fotógrafos históricos


Hoxe, venres, ás 22,30, inmediatamente antes da proxección da película da sección oficial, no Auditorio Gustavo Freire, vaise rendir homenaxe a tres fotógrafos lucenses, por parte da Semana de Cine na súa XLI edición.

Dado que  pola mañán terase presentado o libro A FOTOGRAFÍA LUCENSE, de Eduardo Rodríguez Ochoa, responsable de fotografía de Fonmiñá, no que figuran os destacados fotógrafos, xa na historia da fotografía lucense, CARLOS VALCÁRCEL GAY e CÉSAR QUIJADA RUIZ, no escenario da Semana de Cine recibirán cadanseu agasallo acreditativo desta homenaxe.

Será tamén homenaxeado o tamen fotógrado destacado, JUAN JOSÉ CARBALLAL, que foi secretario do Grupo Fonmiñá e decisivo na consecución dun local propio para a asociación, que será nomeado Socio de Honra do Grupo.

Con este motivo, aos asistentes ás sesións “Xoias do cine” e “Sección oficial” de hoxe recibirán como agasallo cadanseu exemplar deste libro que honra á fotografía lucense.

Cámbiase para o sábado, na xornada de clausura, a entrega do libro homenaxe a ANTONIO MOURELOS, á vez que se expresan as condolencias da Semana de Cine polo pasamento do sogro do actor homenaxeado, Félix Nicolás Palacios Gosende.