Sinopsis
Pedrón (José María Tojeiro Pita), un home da parroquia do Freixo (As Pontes, A Coruña) de 83 anos, relata a súa vida, chea de duras experiencias, na que o traballo a reo, a ausencia de familia e a integración na comunidade son un reflexo do acontecido na súa terra. A través da historia (compendio de tenacidade, supervivencia e bo humor) coñeceremos a esencia do Freixo, unha parroquia chea de vida hai un século, agora camiño do despoboamento.